• Olá Visitante, se gosta do forum e pretende contribuir com um donativo para auxiliar nos encargos financeiros inerentes ao alojamento desta plataforma, pode encontrar mais informações sobre os várias formas disponíveis para o fazer no seguinte tópico: leia mais... O seu contributo é importante! Obrigado.

Apagão analógico em Ourense Este e Zamora em Dezembro 2008

augusto

GF Prata
Membro Inactivo
Entrou
Set 25, 2006
Mensagens
222
Gostos Recebidos
0
Segundo esta informação da Xunta de Galicia parece que os transmontanos (alguns) poderão ver todos os canis da TDT e não apenas 6, como acontece neste momento na zona de Chaves. Informação da Xunta de Galicia:
"Importante despregue de infraestruturas
Fernández Iglesias explicou que Retegal despregará en 2008 un total de 24 novos centros emisores de TDT para dar cumprimento ás esixencias de cobertura do múltiplex autonómico, correspondente á CRTVG. Este incremento no número dos centros existentes permitirá acadar en decembro de 2008 unha cobertura do 93% poboacional. Retegal contribuirá ademais con 20 novos centros para dar cobertura aos programas públicos estatais nun despregamento conxunto co operador estatal Abertis Telecom. Neste caso, acadarase unha cobertura poboacional do 89%.

Ademais, o operador público achegará 7 centros para dar cobertura ás canles privadas estatais, podéndose incrementar a cifra no futuro, en función do desenvolvemento da cobertura en Galicia destas canles. Esta infraestrutura vai permitir acadar un total do 83% de cobertura poboacional no referente ás canles privadas estatais.

Cesamento das emisións analóxicas
Tal e como explicou o director xeral de Comunicación Audiovisual, para a Comunidade Autónoma de Galicia, o Ministerio de Industria ten definido seis proxectos de transición. Estes comezarán o próximo decembro de 2008 co apagado da zona Ourense Este e Zamora, que afectará a 44.184 habitantes. Posteriormente desenvolverase o apagado da zona de Santiago, no segundo semestre de 2009, afectado a 339.603 habitantes. O apagado de Meda, no segundo semestre do 2009 afectará a 709.831 habitantes e o de Ares, no segundo semestre de 2009, afectará a 709.831 habitantes. As últimas zonas nas que cesarán as emisión analóxicas serán as de Domaio e Páramo, o 3 de abril de 2010, o que afectará a 936.001 habitantes e 316.227 respectivamente."
 
Topo